Alumnas e alumnos de Xinzo aprenden sobre como acadar un mundo máis sustentable

Alumnas e alumnos de Xinzo aprenden sobre como acadar un mundo máis sustentable

Imprimir Email
(0 votos)

Xeración Responsable continúa visitando os centros educativos galegos. O primeiro taller desta semana tivo lugar no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, onde estudantes de ESO, Bacharelato e FP Básica puideron aprender máis sobre responsabilidade social empresarial e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, que dentro do marco da Axenda 2030 nos axudarán a acadar un mundo máis responsable.

Nesta ocasión, a Secretaria Xeral de Emprego, Covadoga Toca Carús, participou no taller dirixido ao alumnado de Formación Profesional. Toca explicou que a iniciativa Xeración Responsable busca integrar a responsabilidade social dentro dos contidos formativos e fomentar ao mesmo tempo un pensamento máis aberto e innovador. 

A Secretaria Xeral tamén lembrou que a Xunta de Galicia aposta pola RSE difundindo os seus valores a través de programas que axudan ás pequenas e medianas empresas galegas a ser máis responsables, como é o caso de Responsabilízate, que está a desenvolver a súa segunda edición. Por último, recordou que Galicia foi unha das primeiras comunidades en poñer en marcha un plan específico de responsabilidade social empresarial e pioneira a nivel nacional na aposta por esta materia para acadar un emprego de calidade.