O Diario Oficial de Galicia vén de publicar hoxe, 14 de xuño de 2019, a ampliación do prazo para a presentación de candidaturas da terceira edición dos Premios RSE Galicia. Todas as empresas de Galicia interesadas teñen ata o mércores 17 de xullo para participar.
Nesta edición modifícanse as categorías destes galardóns, de maneira que as empresas poden optar a estes dous recoñecementos:
- Premio á Responsabilidade Social Empresarial: con tres categorías (pequena, mediana e gran empresa).
- Mención á conciliación: independente do tamaño da empresa.
Lembramos que a presentación de solicitudes deberá realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación establecida nas bases reguladoras deberá presentarse tamén a través deste medio electrónico.
Recordamos tamén que toda a información relativa aos Premios RSE Galicia, a súa convocatoria e resolución será publica na nosa web rse.xunta.gal.